IKEA impartiu un taller sobre a realización de proxectos de interiorismo ao alumnado de 1º ESO
No marco do programa PITEAS para o desenvolvemento do talento nas aulas, colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa Fundación Barrié, no que está integrado o noso centro; o alumnado de 1º ESO recibiu o luns 3 de abril a visita dun equipo de IKEA A Coruña que impartiu unha charla-taller sobre "Cómo realizar un proxecto de interiorismo".
Carlos, Fidel, Paula y Andrea, por ese orden de esquerda a dereita na imaxe sobre estas liñas, captaron desde o primeiro momento a atención do alumnado coa súa paciencia e simpatía.
Explicaron cal é seu método para traballar os proxectos en IKEA, o mesmo que o alumnado empregou na segunda parte da actividade. Falaron de "design thinking" e facilitaron a inspiración con algunhas ideas e nocións básicas de decoración, entre elas, o significado das cores e a súa influencia nos distintos ambientes.
Despois pasaron á parte práctica creando 6 equipos de 10 alumnos e alumnas cada un deles. Cada equipo traballou o propio design thinking para elaborar un proxecto decorativo. A base para a creación do proxecto foi ter en conta por un lado os gustos e intereses do alumnado e por outro as necesidades do espazo en función das actividades que se van realizar nel.
Finalmente cada equipo expuxo o seu proxecto ao resto dos compañeiros, triunfou a decoración temática inspirada en temas como a natureza, os cómics, os efectos ópticos e os videoxogos. Non desvelaremos cal foi o proxecto gañador na votación posterior, xa que queremos manter a sorpresa ata compartir con vos o resultado que amosaremos a final de curso despois de levar á práctica as ideas que agora todos temos en mente e sobre o papel.
Aproveitamos a ocasión para agradecer a IKEA a súa implicación tanto na planificación como no desenvolvemento da actividade. Sen dúbida foi unha experiencia enriquecedora e moi divertida para todos.