Skip to Content

Visita ao CIMUS - Alumnado da materia Psicoloxía de 2º de Bacharelato - 1/2/2017

O mércores 1 de febreiro de 2017 o alumnado da materia de Psicoloxía (optativa de 2º de Bacharelato) realizou unha visita guiada ás instalacións do CIMUS en Santiago de Compostela.

Ruth González organizou ata o mínimo detalle todo e, ademais, guiounos polas instalacións comúns do centro. Jannette Rodríguez e Juan Parga ensináronlles os laboratorios onde traballa o grupo de investigación sobre a enfermidade de Párkinson. Amparo Pérez fixo que comprenderan a importancia da investigación básica na elaboración de fármacos mostrándolles as instalacións do grupo Innopharma.

O alumnado ficou fascinado gracias ao trato cercano de todas as persoas que tiveron a ben dedicar unha parte importante da mañá a explicarlles o que alí se está a facer. Tamén quedou fascinado polas cousas que lle explicaron e por como o fixeron, dun xeito sinxelo e didáctico. Sospeitamos que espertaron algunha que outra vocación investigadora!

Moitas, moitas gracias pola visita, polo trato, polas explicacións ... vamos, moitas gracias por todo!

PS: todo o que alí aprenderon vaise ver reforzado pola charla que lles impartirá Ángel Carracedo acerca dos estudos farmacoxenéticos sobre tratamento con  persoas con TDAH, e con a charla sobre células nai que impartirá Jannette Rodríguez. Non nos cansamos de dicilo: o noso alumnado é moi, moi afortunado por contar con xente boa, apaixonada e xenerosa que ven a abrirlles novos horizontes de coñecemento.

Podedes clicar aquí para ir á Galería de Imaxes.

AdxuntoTamaño
Resultado_Visita ó CIMUS.pdf224.54 KB


story | by Dr. Radut