Skip to Content

Conferencia: "Consumo de drogas e uso problemático da internet na adolescencia"

O luns 19 de decembro de 2016 o alumnado da materia de Filosofía de 4ESO e da materia de Psicoloxía de 2BACH tivo a sorte de escoitar a Sandra Golpe Ferreiro, doctoranda en Psicoloxía,  impartir unha conferencia sobre o "Consumo de drogas e uso problemático da internet na adolescencia". Sorte pola calidade da conferenciante, sorte pola súa cercanía, sorte polo tema tratado que entra de cheo na súa cotidianeidade ó ser algo que ou pode afectarlles a si mesmos ou a algún igual ... Moita sorte ten o noso alumnado con esta xente tan xenerosa.

Os 100 minutos que gardamos para a charla souberon a pouco; tanto é así que a Sandra non lle deu tempo a comentar as preguntas que o alumnado lle tiña enviado.

Gracias Sandra. Xa te volveremos a chamar!

Se queredes ver imaxes e algún pequeno vídeo do evento clicade aquí

Tamén tendes un arquivo adxunto onde está a información que se lle proporcionou ó alumnado para contextualizar o tema e darlle algún dato sobre a ponente.

AdxuntoTamaño
librillo_sandra golpe diciembre 2016.pdf237.25 KB


story | by Dr. Radut