Skip to Content

Actividade de animación á lectura para 1º de Bacharelato

O martes 2 de febreiro a actriz Raquel Queizás visitou o noso centro para facer unha dramatización das historias que o alumnado de 1º de bacharelato leu na primeira avaliación no libro Mitos griegos, de Maria Angelidou. Caracterizada como Palas Atenea, e coa colaboración de varios alumnos e alumnas que subiron con ela ao escenario, enlazou varias historias que teñen como fío conductor o amor, en particular o non correspondido, e nas que aparecen Teseo, o Minotauro, Eco, Narciso , Zeus... Podedes ver dúas fotografías nos arquivos adxuntos

AdxuntoTamaño
2016-02-02 13.05.05.jpg860.05 KB
2016-02-02 12.53.26.jpg1.1 MB


story | by Dr. Radut