Visita didáctica ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Alumnado: Antropoloxía e Filosofía e Cidadanía 1º Bach
O Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro foi inaugurado pola no ano 2011 pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia como un espazo que permita á vez a conservación, investigación e difusión dos petroglifos de Galicia.
A visita ao parque inclúe a visita a tres espazos diferentes:
- O Centro de Interpretación e Documentación, onde se ubica a exposición estable. Alí se nos proporcionará a información necesaria para comprender o modo de vida dos nosos antepasados da Idade do Bronce e interpretar o rico mundo simbólico que reflicten os petroglifos
- Un percorrido pola área arqueolóxica, onde poderemos observar algúns dos petroglifods más representativos da arte rupestre galega.
- A recreación dun poboado da Idade do Bronce, no que poderán desenvolver actividades recreativas que lles permitirán achegarse ao modo de vidados antigos poboadores deste espazo.
OBXECTIVOS ANTROPOLOXÍA:
OB06: Adquirir unha comprensión global do humano, a partir das achegas dos distintos campos da antropoloxía, das distintas ciencias humanas, sociais e naturais.
OB07: Valorar as achegas desde variadas perspectivas, como facilitadoras das claves que permiten realizar a conexión e a interpretación crítica dos diferentes materiais antropolóxicos.
OB08: Coñecer a especificidade dos estudos antropolóxicos, familiarizarse cos seus métodos de traballo específicos e aplicalos ao estudo do contorno próximo, a fin de mellorar o coñecemento e valorar o patrimonio cultural de Galicia.
OBXECTIVOS FILOSOFÍA E CIDADANÍA:
OB01: Coñecer e identificar as características específicas do ser humano e as dimensións que o configuran, analizando a súa xénese evolutiva e as tensións que xeran: dialéctica natureza/cultura e individuo/ sociedade.
OB02: Comprender e analizar a forma específica de categorización e relación lingüístico-simbólica que os suxeitos humanos establecen co mundo e cos semellantes.