Skip to Content

Conferencia de Goretti Sanmartín Rei sobre a "Construción da identidade de xénero e como condiciona as nosas decisións"

O venres 21 de febreiro de 2014 impartiu una conferencia a profesora da UDC Goretti Sanmartín Rei, co título "A CONSTRUCIÓN DA IDENTIDADE DE XÉNERO E COMO CONDICIONA AS NOSAS DECISIÓNS" para o alumnado de 2ESO e da materia de Antropoloxía de 1BAC.

 

Os obxectivos, cumplidos plenamente, e contidos didácticos desta actividade foron:

 

2 ESO

  • OB01. Recoñecer a condición humana na súa dimensión individual e social, tomando conciencia da propia identidade, das características e experiencias persoais respectando as diferenzas cos outros e desenvolvendo a autoestima.
  • OB02. Coñecer e expresar os sentimentos e as emocións e desenvolver a afectividade nas relacións cos outros, manifestando unha actitude aberta, solidaria e respectuosa, rexeitando os estereotipos, os prexuízos e a violencia en todas as súas formas.
  • OB04. Coñecer, valorar e exercer os dereitos e asumir responsablemente os deberes e as obrigas que se derivan das declaracións internacionais de dereitos humanos e da Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, identificando os valores que os fundamentan.
  • OB05. Asumir a pluralidade das sociedades actuais recoñecendo a diversidade como enriquecedora da convivencia e defender a igualdade de dereitos e oportunidades de todas as persoas, rexeitando as situacións de inxustiza e as discriminacións existentes por razón de sexo, orixe, crenzas, diferenzas sociais, orientación afectivo-sexual ou de calquera outro tipo, como unha vulneración da dignidade humana e causa perturbadora da convivencia.
  • OB06. Recoñecer e asumir a igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes, valorar a diferenza de sexos rexeitando os estereotipos e prexuízos que supoñan discriminación e participar activamente na prevención da violencia de xénero.
  • OB15. Practicar o diálogo coa realidade social en continuo proceso de transformación, como instrumento para a análise crítica das conviccións persoais e a formulación dun proxecto de vida propio, na dimensión persoal, cívica e profesional.
  • BC0101. Identificación de problemas actuais, a súa conceptualización e reflexión argumentada.
  • BC0104. Preparación e intervención en debates, sobre aspectos relevantes da realidade social, considerando as posicións e alternativas existentes e desenvolvendo unha actitude de compromiso para a súa mellora.
  • BC0205. Análise da importancia da sexualidade na vida humana, da necesidade dunha regulación ética das relacións sexuais baseada no respecto e na equidade e prevención de prácticas de risco.
  • BC0206. Valoración crítica da división social e sexual do traballo e rexeitamento de prexuízos racistas, xenófobos, homófobos e sexistas.
  • BC0305. Valoración das diferenzas de xénero como enriquecedoras das relacións interpersoais. Coñecemento dos dereitos das mulleres na nosa sociedade actual e a loita pola súa consecución. Recoñecemento da igualdade de dereitos de mulleres e homes e identificación e rexeitamento das situacións de discriminación de feito das cales aínda son vítimas as mulleres.

Antropoloxía

  • OB02: Coñecer, comprender e asumir as diferenzas e valorar a súa importancia para a supervivencia da especie nun mundo cada vez máis intercomunicado.
  • OB03: Adoptar, fronte ao feito da diversidade cultural e biolóxica, unha perspectiva integradora, que posibilite o recoñecemento libre de prexuízos e a relación responsable coas outras persoas.
  • OB04: Coñecer, analizar e comprender os procesos que conforman a natureza e a cultura humanas.
  • OB05: Fomentar actitudes de tolerancia que faciliten o diálogo
  • OB09: Transferir os coñecementos adquiridos á análise dos problemas fundamentais do mundo actual co fin de comprender as súas causas e implicarse activamente nas súas solucións.
  • BC0202: A teoría da unidade da especie humana no evolucionismo.
  • BC0205: Interiorización de valores e patróns culturais.
  • BC0304: O poder das palabras e os nomes. Linguaxe e poder.
  • BC0401: Espazo e parentesco. A pertenza a un contexto social. Os roles.
  • BC0501: A estrutura específica do ser humano. Indeterminación, liberdade.

 

NORABOA GORETTI, EXCELENTE CONFERENCIA!!!

Se queres ver máis imaxes clica aquí 

AdxuntoTamaño
librillo_goretti_libertad y genero_2014.doc1.16 MB


story | by Dr. Radut