Skip to Content

SABES POR QUE O 8 DE MARZO É O DÍA DA MULLER?

O 8 de marzo de 1857, un grupo de mulleres traballadoras na industria textil tomou a decisión de saír ás rúas de Nueva York para protestar polas precarias condicións nas que traballaban. Esta foi a primeira dunha serie de movilizacións que contribuiron a mellorar as condicións de traballo das mulleres.
 

 

O 5 de marzo de 1908, as mulleres protagonizaron unha nova folga reclamando a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esa xornada, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga.
 
 
Desde 1910, o 8 de marzo está declarado  Día Internacional da Muller Traballadora.
 
 
Un dos agravios contra os que as mulleres loitan a diario en todo o mundo é a violencia. Aquí podedes lembrar a actividade que en apoio ás mulleres se levou a cabo o pasado novembro.
 
 

 

  



--
Publicado por anacbalboa para MAR AO NORDE el 3/07/2014 01:19:00 p. m.



page | by Dr. Radut