Skip to Content

Conferencia sobre Arte e Percepción - Juan Monterroso - USC - Facultade de Xeografía e Historia

O día 19 de decembro de 2013 o profesor Monterroso volveu a colaborar con nós e impartiu unha excelente conferencia ó alumnado de 1 BACH de Filosofía e Cidadanía (tamén moi proveitosa para o alumnado dese nivel que cursa Debuxo Técnico) co título "Ver, mirar, representar". Foi un bo regalo polas festas que se aveciñan!!! Gracias Juan por ser tan xeneroso coa nosa comunidade educativa.

 

Obxectivos: plenamente acadados!!

FILOSOFÍA E CIDADANÍA

  • OB01: Coñecer e identificar as características específicas do ser humano e as dimensións que o configuran, analizando a súa xénese evolutiva e as tensións que xeran: dialéctica natureza/cultura e individuo/ sociedade.
  • OB02: Comprender e analizar a forma específica de categorización e relación lingüístico-simbólica que os suxeitos humanos establecen co mundo e cos semellantes.
  • OB03: Analizar e comprender os elementos e procedementos propios da racionalidade e caracterizar a especificidade do saber filosófico contrastándoo con outros saberes -en especial co científico.
  • OB13: Manter un diálogo continuo coa vida real, mediante a aplicación das nocións e conceptos que se van adquirindo ao contorno.
  • BC0101: Tratamento e análise crítica da información pertinente para os problemas tratados, que se obterá por diferentes medios, incluídas as novas tecnoloxías da información e da comunicación.
  • BC0104: Exercicios de transferencia das nocións adquiridas a situacións do contorno e á vida real.
  • BC0204: A relación lingüística e simbólica do suxeito co contorno: categorización do mundo e comunicación social.
  • BC0302: A racionalidade científica e a súa demarcación.
  • BC0303: A dimensión teórica da racionalidade filosófica: a busca da verdade e o sentido da realidade a través da gnoseoloxía

sentímolo, flash non está dispoñible.

AdxuntoTamaño
P1100698.flv6.19 MB


story | by Dr. Radut