Convocatoria do proceso de elección de representantes no Consello Escolar
Reunida con data de 2 novembro de 2021 a Xunta Electoral para as eleccións a representantes dos distintos sectores no consello escolar, aprobouse o seguinte calendario
-2 de novembro: publicación dos censos electorais no taboleiro do centro
-4 a 12 de novembro: presentación de candidaturas, na oficina do centro; presentación de alegacións ao censo electoral, tamén na oficina do centro
-16 de novembro: proclamación de candidaturas e aprobación definitiva dos censos electorais por parte da Xunta Electoral
-16 de novembro: sorteo das mesas electorais
-17 a 22 de novembro: campaña electoral
-24 de novembro: xornada electoral. A votación das nais, pais e representantes legais do alumnado terán luga de 18:00 a 21:00. Teñen dereito a voto ambos proxenitores.
-25 de novembro: proclamación de candidatos electos
Figuran como arquivos adxuntos as convocatorias do proceso para o sector do alumnado e o sector de nais, pais e representantes legais do alumnado, así como o modelo de presentación de candidatura, que tamén está dispoñible na oficina do centro, onde hai que presentalo.
No sector de nais e pais hai que elixir dous representantes. A persoa máis votada será nomeada por tres anos, e a segunda máis votada por un ano, xa que cubre unha vacante sobrevida. No momento da elección cada elector deberá marcar na papeleta un único nome.
No sector de alumnado hai que elixir catro representantes. os dous máis votados por tres anos, e os outros dous seguintes, por un ano.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
convocatoria proceso nais pais.pdf | 355.17 KB |
candidatura alumnado.pdf | 255.53 KB |
candidatura nais pais.pdf | 266.76 KB |
convocatoria proceso alumnado.pdf | 353.47 KB |