Skip to Content

Actualización da versión da aula virtual

A aula virtual do noso centro está implementada coa versión 2.6.11 de Moodle. Nos próximos días actualizarase á versión 3.3.9, isto suporá que a aula virtual permanecerá fóra de servizo durante este proceso (estímase que un día) para que non se vexa afectado polo acceso dos usuarios. A páxina web permanecerá dispoñible. 

Este proceso non afecta ao contido actual da aula virtual. Mantéñense os usuarios, as categorías de cursos, os cursos, os contidos e actividades, a matriculación e traballo do alumnado, as cualificacións, etc, aínda así, antes de realizar esta actualización, farase unha copia de seguridade de todos os seus ficheiros.

Realizada a actualización, o aspecto externo da aula virtual póde verse afectado ata que non se implemente un dos temas da nova versión (os temas da versión 3.* son distintos dos da 2.*)



page_ppp | by Dr. Radut