Fondo solidario de libros de texto. Listaxe provisional
Con data de hoxe, 10 de xullo foron publicadas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no Fondo Solidario de Libros de Texto 2020/2021.
Estas listaxes poderán ser consultadas no taboleiro interior do centro ou por vía electrónica, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave365 ou certificado dixital.
As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguíntes á publicación da listaxe provisional.