Visita: Laboratorios de psicobioloxía da USC
Visita o mércores 15 de xaneiro do alumnado de 1º STEMBACH e de Psicoloxía de 2BACH aos laboratorios docentes de Psicobioloxía da Facultade de Psicoloxía da USC.
Inicialmente, na Sala de Xuntas da Facultade, tiveron unha excelente xornada de presentación das liñas de investigación das áreas de Psicobioloxía. Dita xornada estivo a cargo de:
-Presentación (Prof. Santiago Galdo Álvarez)
-NUTRIAGE (Profa. Elena Ameneda Losada)
-Consumo intensivo de Alcohol (Prof. Fernando Cadaveira Mahía)
-Fibromialxia (Profa. María Teresa Carrillo de la Peña)
-Deterioro Cognitivo Lixeiro (Prof. Santiago Galdo Álvarez)
Ditas charlas foron moi claras e instrutivas. Realmente constituíron todo un descubrimento do que se está a investigar neste ámbito de coñecemento dentro da USC. Tanto o alumnado como o profesorado asistente quedou impactado da amplitude e da relevancia dos temas expostos e de como a investigación vai claramente encamiñada a conseguir avances significativos.
A continuación o alumnado dividiuse en dous grupos e rotou para poder facer dúas prácticas nos laboratorios docentes, unha sobre medidas psicométricas de funcións cognitivas e outra sobre a actividade cerebral visionada a través de EEG na tarefa “go/no go”.
Esta foi a primeira ocasión en que visitamos tanto a Facultade de Psicoloxía coma os laboratorios docentes da área de Psicobioloxía en concreto, pero pensamos que dado os resultados tan positivos que tivo a actividade e a gran aceptación entre o alumnado, haberá que volver!
Queremos agradecer dende o IES Arcebispo Xelmírez II ás persoas que facilitaron dende o primeiro momento todas as xestións para que a visita fose posible e a aquelas que nos atenderon con tanta amabilidade e entusiasmo cando estivemos alí.
Moitas, moitas grazas!
Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos