Skip to Content

Intercambio con Moscova

Estudantes de 4.º de ESO están realizando un intercambio con estudantes do colexio Miguel Hernández, de Moscova, visitaron esta cidade entre os días 1 e 8 de abril acompañados polos profesores Manuel Amor e Amancio Pampín , posteriormente o alumnado deste centro moscovita devolveralles a visita e realizará unha viaxe a Santiago de Compostela.

Moscova

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Realizaron as seguintes actividades de grupo:

  • Visitas guiadas:
    • Kremlin.
    • Parque e antiga residencia dos Tsares de Kolomenskoye.
    • Complexo monacal de Sergei Posad.
    • Panorámica pola zona histórica de moscova.
    • Galería de arte Tretiakov.
  • Actividades escolares:
    • Clases iniciación ao idioma ruso e ao alfabeto cirílico.
    • Festival con actuacións escolares do alumnado ruso.
    • Representación teatral do alumnado ruso da obra “La venganza de Petra” de Carlos Arniches.
    • Performance do alumnado do noso centro dunha boda tradicional rusa.
    • Coloquio entre profesado ruso e español.
  • Visitas opcionais con parte do alumnado:
    • Mercado de Ismailovo.
    • Bunker 42.
    • Museo da Cosmonáutica.
    • Parque VDNJ, ou 'A exposición dos logros da economía nacional'. Representativo da época soviética).
    • Paseo polo CBD moscovita e área comercial de Arbat e Novo Arbat


page_ppp | by Dr. Radut