Skip to Content

Anaquiños matemáticos

Este curso 2018-19 poñemos en marcha por primeira vez no noso centro o programa Anaquiños Matemáticos, co obxectivo de traballar o estímulo matemático a través de actividades STEAM (Science, Tecnology, Enginering, Art and Mathematics). É unha iniciativa do grupo de Innovación Docente en Educación Matemática TESELA, da universidade de Santiago de Compostela, apoiada polo servizo de Voluntariado, Participación e Cooperación Internacional da universidade, contando coa colaboración de voluntarios inscritos no mesmo.

O programa apóiase nun proxecto I+D+I do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade. Está financiado por: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades – Axencia estatal de Investigación/ _Proyecto EDU2017‐84979‐R.

Anaquiños Matemáticos lévase a cabo non IES Arcebispo Xelmírez II dúas veces ao mes, os xoves de 16:30 a 17:30, e insírese no marco do contrato-programa, liña 4, de Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar.

Díptico do programa



bloque | by Dr. Radut