O proxecto
NOSA, Axencia Espacial Escolar Galega, é un proxecto educativo do que forman parte seis centros públicos: IES Maruxa Mallo (Ordes), IES Miraflores (Oleiros), IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela), CPI O Cruce (Cerceda) e IES Ferrol Vello. O proxecto, que leva funcionando dende o curso 2014/2015, ten como obxectivo principal levar ás aulas un modelo de traballo colaborativo a través do deseño e construción dunha cápsula estratosférica que, no terceiro trimestre de cada curso, realiza un voo suborbital.