Skip to Content

Montaxe da exposición “Oitenta anos. Santiago 1936"

O próximo día 20 de febreiro de 2019, as 10:30 horas, inaugurarase no instituto unha exposición con parte dos fondos da que estivo hai dous anos na Fundación Granell, titulada “Oitenta anos. Santiago 1936”. Xa nos gustaría expoñer todo o que nos ofrecían, pero non temos lugar. De calquera xeito é unha experiencia moi interesante que todo este material saia do “museo” e entre na vida cotiá dun centro de secundaria.

Integrantes do grupo HISTAGRA, a quen agradecemos inmensamente a iniciativa da cesión dos fondos, e integrantes do persoal do noso centro estiveron a traballar hoxe intensamente para ter todo listo para esa data.

Se queredes acercarvos, xa sabedes onde estamos.

Daremos máis detalles do evento dentro de pouco. Só queríamos compartir este momento inicial da primeira montaxe de “Santiago 1936” fóra dun ámbito museístico.

Pódense ver máis fotos na seguinte ligazón Fotos



page | by Dr. Radut