VI Olimpiada Filosófica de Galicia
Parabéns para o alumnado de 3º e 4º da ESO e dos dous cursos do Bacharelato que ven de participar, o pasado 18 de xaneiro, na VI Olimpiada Filosófica de Galicia. A fotografía foi tomada despois de realizar a proba presencial das modalidades de disertación e dilema sobre o tema da presente edición: "Realidade e apariencia no mundo actual". Voltaremos o 14 de marzo para asistir á defensa dos traballos finalistas. A bo seguro que as nosas alumnas e alumnos non han ser únicamente expectadores. Orgullosas de todos eles por ter descuberto no exercicio libre do pensamento crítico, máis alá da obriga escolar, un atractivo desafío. Ademáis pasámolo ben.