Skip to Content

Charla para o alumnado de Psicoloxía: "Nuevas opciones de tratamiento para pacientes con dolor crónico"

 

18 de decembro de 2018. Biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez II.

 

A psicóloga e doutoranda Noelia Samartín explicou ao alumnado da materia de Psicoloxía (2BACH), con moita claridade, en que consiste a fibromialxia, como esta provoca unha dor crónica (ademais doutras consecuencias que inflúen negativamente no benestar físico e psíquico das persoas afectadas ela), en que consiste a investigación que está a levar a cabo baixo a supervisión da profesora Maite Carrillo (xefa do equipo de investigación que tamén estivo presente na charla facendo achegas na rolda de preguntas e diálogo) e en como podería afectar eito á vida de moitas persoas.

A Sra. Samartín tamén ofreceu explicacións sobre técnicas científicas de investigación do cerebro, tanto a nivel teórico, como a nivel de solución de patoloxías (finalidade da investigación en curso, en concreto, sobre a dor crónica), ao redor das teorías acerca da orixe da síndrome, sobre os problemas que poden estar implicados na percepción da dor e sobre a diferente prevalencia existente home-muller na fibromialxia.

Fíxose un especial fincapé na problemática médica e social do recoñecemento da fibromialxia como patoloxía e as consecuencias que isto ten para aquelas persoas que a sofren.

O alumnado seguiu a charla con moita atención e fixo preguntas moi interesantes e pertinentes. A conferenciante mostrouse moi satisfeita coa actitude do alumnado, sinalando a boa disposición para aprender e a curiosidade manifestada nas diferentes intervencións.

Moitas grazas Noelia, por facer un oco na túa axenda investigadora e achegarte ata o noso centro. Moitas grazas Maite, por estar presente na charla e vir xunto a Noelia a colaborar na no nosa labor educadora. Felicitacións pola charla!

Enlace a un artigo periodístico sobre a investigación



story | by Dr. Radut