A USC xa coñece o novo bacharelato do IES Xelmírez II
A vicerreitora de titulacións da USC, Victoria Otero Espinar, reuniuse con docentes e alumnado para escoitar impresións e expectativas
SANTIAGO / LA VOZ 07/11/2018 05:00 H
A vicerreitora de titulacións da USC, Victoria Otero Espinar, coñeceu onte o novo bacharelato de excelencia en ciencia e tecnoloxía nunha visita ao IES Xelmírez II, un dos quince centros galegos que o implanta este curso. Vitoria Otero coordina ás tres universidades galegas en relación con estas novas ensinanazas.
Durante a súa visita reuniuse con docentes e alumnado para escoitar impresións e expectativas sobre este bacharelato, e mostrou a plena disposición á colaboración das universidades co centro. A directora do Xelmírez II, Pilar Tobar, resalta que « xurdiron propostas de actuación conxuntas e de colaboración», que servirán para mellorar.
Ler a nova en La Voz de Galicia