Charla do neto do sindicalista galego Marcial Villamor para o alumnado de Valores Éticos e Historia do mundo contemporáneo
O pasado xoves 12 de abril, recibimos no centro a visita de Manuel Marcial San Martín Villamor; neto de Marcial Villamor, sindicalista veciño do barrio de Sar (Santiago de Compostela) que foi asasinado no ano 1937.
San Martín Villamor explicou, mediante testimonios documentais, ao alumnado de Valores Éticos de 3º y 4º ESO e de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º BACH o importante papel que tivo o seu avó no movemento sindical de Santiago.
Tamén falou da persecución que sufriu e que rematou en asasinato e, xa en primeira persoa, do proceso en solitario que tivo que seguir a familia para atopar o lugar onde quedara tirado o cadáver de Marcial Villamor.
Máis información | Marcial Villamor