Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
16
Inicio: 16/11/2020 12:19
Publicouse no DOG do 13 de novembro a orde do do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da consellería no curso 2020-2021. Trátase de máscaras hixiénicas reutilizables. É beneficiario da axuda o alumnado que recibiu axuda para adquirir material escolar. Non ten que realizar agora ningún trámite. O alumnado que non recibiu axuda para adquirir material escolar pode solicitar ser beneficiario do reparto de máscaras se cumpre algún dos seguintes criterios: -ter unha renda per capita igual ou inferior a 6.000 € (exercicio fiscal de 2018) -estar matriculado en educación especial, estar baixo tutela ou garda da Xunta de Galicia ou ter unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda A solicitude debe facerse presencialmente no centro. Os formularios poden descargalos aquí. O prazo de solicitude remata o 27 de novembro. | 17
| 18
| 19
| 20
| 21
| 22
|