Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de teresa

DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O pasado día 30, a escola de Sísamo traballou arredor do día da paz. Comezamos co conto "El hombrecillo de papel" (clicade no título para velo)e posteriormente reflexionamos sobre que palabras nos fan sentir ben e cales nos lastiman.

Logo cadaquen debuxou o seu homiño en papel de xornal e outro nun folio en branco.

Despois expuxémolos todos xuntos e fixemos unha reflexión final conxunta sobre a importancia do respecto e a tolerancia para unha boa convivencia.

Este foi o resultado...

 

 

 

 

Na entrada da escola,creamos o noso recuncho de paz ao que podemos ir cando precisamos recuperar a calma, cando esta se desvaece. 

 

 

 

Imaxe de teresa

ENCONTRO INTERXERACIONAL

Dada a boa experiencia do ano anterior coa visita ao xeriátrico situado en San Cristovo, este curso decidimos participar máis escolas. Polo que, ademais de Sísamo, acompañáronnos neste encontro Cances e Xoane.

Pasamos a primeira parte da xornada xuntos na escola de Sísamo realizando actividades de convivencia e talleres de manualidades. Despois de ensaiar as nosas actuacións e de tomar unha rica merenda, o bus trasladounos ao xeriátrico. 

Neste vídeo, deixámosvos un pequeno resumo do que foi aquela emotiva e intensa xornada de traballo.

 

Imaxe de teresa

ANIVERSARIOS PRIMEIRO TRIMESTRE

Antes das vacacións de Nadal, celebramos os aniversarios das nenas e nenos que cumpriron anos ao longo deste trimestre.

Este é o resumo.

 

Imaxe de teresa

AS NENAS E NENOS DE SÍSAMO ESTÁN A CHORAR...

 

Esta mañá, durante o recreo, despois de varios días sen saír ao patio por mor do mal tempo, descubrimos que pasara algo terrible. A nosa querida figueira, a que plantamos con tanto esforzo e ilusión, fora destrozada.

Este suceso inundounos o corazón dunha tristura enorme. Unido a isto, a pena de saber que hai a quen lle molesta o traballo das nenas e nenos e non utiliza as palabras para expresar o seu desagrado. Sen embargo, amosa a súa disconformidade con accións destrutivas.

En nós reside a esperanza para que estes feitos reprobables non se volvan a repetir. A escola é un lugar de convivencia, de igualdade, de crecemento persoal. O respecto que demostramos polos demais é o respecto que nos damos a nós mesmos.

A nosa figueira hai unhas semanas...

 

 

 

O que queda da nosa figueira...

 

Imaxe de teresa

PROXECTO AS MONTAÑAS: FORMACIÓN DAS MONTAÑAS II

FORMACIÓN MONTAÑAS II

Esta semana Lola xunto coa súa nai, Iria, trouxéronnos á aula unha experiencia moi interesante. Simulamos como se forman as montañas utilizando para iso varias mantas. Deste xeito, completamos a información sobre a formación que viramos anteriormente a través das actividades do noso trasno Német. Falounos primeiramente do desgaste que sofren as montañas e como se acumalan formando diferentes capas.

As mantas simulan as capas diferentes da corteza terrestre e logo como as forzas se empurran no mesmo sentido deforman a corteza dando lugar as montañas.

   

Despois de probar todos a formar montañas, as mantas serviron para formar diferentes placas continentais que se desprazan sobre o manto. Simulamos a deriva continental.

  

 

Rematamos a xornada facendo as nosas propias montañas utilizando desta volta a plastilina. En varias cores, para observar como se plegan as capas e as posicións que adquiren logo de dobrarse.

 

  

Moitas gracias a Iria por dedicarnos un tempo a traballar con nós sobre o proxecto.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut