Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de teresa

XACINTOS EN FLOR

 

XACINTOS FLORECIDOS

Os xacintos que colocamos en auga hai uns meses, por fin, tiveron as súas flores.

Ao longo destes meses puidemos observar como aos bulbos, en contacto coa auga, lles saíron as raíces, as follas e finalmente unhas olorosas e chamativas flores.

Aquí tedes unha imaxe dos xacintos florecidos.

 

Agardamos polos demais que non tardarán en saír.

 

Imaxe de teresa

MÚSICA E PINCEIS

 

MÚSICA, PENSAMENTO E PINTURA

O venres dedicamos o remate da xornada a traballar as habilidades do pensamento de Mathew Lipman dentro dos traballos da Filosofía para Nenos (FPN). Tratábase dunha tarefa moi difícil, porque debíamos traducir a música que estábamos a escoitar nunha obra plástica. Se isto xa era de por si complicado, debíamolo facer en silencio e sen valoración cuantitativa nin cualitativa do traballo propio e alleo. Só se tiña un vaso de pintura cunha soa cor que se podía intercambiar cunha compañeira ou compañeiro cando se indicase. As consignas estaban claras.

O resultado foi mellor do esperado. 

Aquí vos deixo un pequeno resumo do traballo.

 

 

Imaxe de teresa

HORTO ECOLÓXICO

Esta semana traballamos no horto retomando o traballo pendente da sesión anterior. Rematamos de delimitar os bancais e os corredores desde os que imos traballar. Antes de comezar, atendemos ás explicacións de Manuel Anxo, que nos lembrou o que tiñamos feito e o que nos tocaba facer esa xornada.

 

Despois de ter delimitado os tres bancais, tocou mover a terra. Primeiro comprobamos en que bancal estaba máis enxoita e descubrimos que en poucos metros de extensión de terra hai variación de humidade: unha parte do terreo estaba máis húmida que a outra. Por iso, somentes, traballamos a terra de dous bancais, agardando que, para a seguinte xornada de horto, secase a do outro bancal.

 

                         

Cando rematamos de preparar os bancais, dirixímonos ao horto de aromáticas dentro do patio da escola. Nel, antes das vacacións de Nadal, plantamos bulbos de tulipán e fomos comprobar se nacera algún. Para a nosa sorpresa, brotábanlle as follas a case todos.

             

Imaxe de teresa

OS VOLCÁNS

OS VOLCÁNS

O pasado venres 1 de febreiro, as nenas e nenos de Educación Infantil preparamos unha pequena exposición e experimento sobre os volcáns.

Recollendo información sobre as montañas, descubrimos que algunhas podían ser volcáns e que, do interior da Terra, expulsaban magma ao exterior que se convertía en lava, acompañado todo con fume e lume.

Aprendemos as partes interiores dun volcán, a profesión de vulcanólogo...

Esta información quixémola compartir coas compañeiras e compañeiros de Educación Primaria.

Para iso elaboramos un mural do volcán e tamén, unha pequena maqueta do mesmo, que estaba a piques de erupcionar.

 

 Esta é unha vista rápida do que foi a actividade.

 

A aula de primaria agasallounos cun rico postre para a merenda.

Imaxe de AnaFernandez

XOGOS CO PARACAÍDAS

 

A semana pasada nas clases de educación física xogamos co paracaídas. O luns fixemos xogos cooperativos todos xuntos (olas do mar, buceamos, gato e rato, unha cabaña, as cores,...) e o mércores ao entrar no ximnasio atoparon dous paracaídas con pelotas de cores, así que estiveron investigando, experimentando, creando,... diferentes xogos e actividades eles mesmos. O pasaron moi, moi ben como podedes ver nas fotos.

  

  

  

  

  

  

  

  

Distribuir contido


by Dr. Radut