Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de teresa

ENRAIZANTE DE LENTELLAS

Ao longo desta semana, preparamo un pouco de enraizante de lentellas. Aproveitando que no programa da Tvg "Polo rego" facían este produto, quixemos elaborar a receita na aula. Para iso, puxemos a remollo as lentellas durante 48h. Pasado este tempo, separamos as lentellas da auga e agardamos 12h máis. Finalmente, trituramos as lentellas coa auga apartada e tivemos preparada o noso enraizante, que antes de usar temos que rebaixar con auga: unha proporción de 1 parte por 10 de auga.

Soamente nos queda probalo, a ver cal é a eficacia...

 

 

 

Imaxe de teresa

DESCUBRINDO UNHA PROFESIÓN FÓRA DO COMÚN...

O venres 29 de marzo, os pais de Julia, Raquel e Fernando, achegáronnos unha experiencia nova á escola.

Raquel contounos unha pequena historia sobre Internet a través de dous nenos. Eles queríanse comunicar pero vivían moi lonxe e Internet acurtaba esas distancias. Neste punto, descubrimos que Fernando tiña bastante que ver con que o funcinamento de Internet fose posible.

El é piloto... pero de que? E que tería que ver pilotar con internet? Aí comezamos a formular hipóteses sobre o que pilotaba: coche de carreiras, avión, helicóptero, barco,... a oferta de suxerencias foi variada. Sen embargo, pouco nos podíamos imaxinar que o seu traballo consistía en pilotar un robot submarino que lle permite colocar o cableado de fibra óptica no fondo mariño. Isto fai posible ter conexión a internet.

 

 

 

 

 

 

Escoitamos con atención e interese o que nos tiña que contar Fernando sobre a vida no barco; de ver como traballa o robot no fondo mariñ; da cantidade de cable que utilizan; en que zonas se colocan; ver a algúns animais como un tiburón, un cachalote,...; 

Este é o cable de fibra óptica polo que "viaxa" a información que manexamos en Internet.

 

Despois buscamos na caixa das sorpresas, animais do mar. Eran moi saborosos.

 

Agradecerlle a Fernando e a Raquel que compartisen con nós a xornada do venres, descubríndonos unha profesión descoñecida para nós.

Moitas gracias...

Imaxe de teresa

HORTO VIAXEIRO EN SÍSAMO

HORTO

Esta semana veu Manuel Anxo con máis traballo para o horto. Nesta ocasión, foi no de aromáticas onde plantamos amorodos. Primeiro, acondiconamos e preparamos a terra para acomodar as plantas. Despois, coa axuda dun plantador, marcamos os lugares que ocuparían e de seguido, con moito coidado, colléndoas pola terra e non polas follas, colocámolas no lugar indicado e cubrímolas de terra.

Outra tarefa da xornada foi plantar estaquiñas de romeu. Estaban cortadas de xeito oblicuo e logo de eliminar todas as folliñas menos as da punta da estaquiña, plantámolas. Somentes, queda agardar que algunha bote raíces para poder ter romeu na escola.

Imaxe de teresa

VENRES NO HORTO

HORTO

Este venres aproveitando o bo tempo acudimos ao horto. Regamos as leitugas e ampliamos a colleita con remolachas. Unha vez rematada a plantación, preparamos un dos bancais que na última xornada quedara pendente. Soamente nos queda agardar a que as plantas medren.

 

Imaxe de teresa

DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE

DÍA DA POESÍA

O xoves 21 celebramos o día da poesía. Aproveitamos que unha das nosas compañeiras fixo unha visita á casa de Rosalía de Castro e achegounos un libro sobre a súa vida. Falamos sobre as emocións que nos provocan algúns dos seus poemas como o que se amosa a continuación. Reflexionamos sobre a tristura de cando nos separamos de alguén cando se vai, que botamos de menos a quen está lonxe de nós ou a aquelas persoas que xa non viven pero seguimos lembrando.

 

 

 

Ademais,conmemoramos o día da árbore. Fixemos un cambio de macetas dos carballos que xa plantaramos a comezos do curso. Fixemos unha recompilación de palabras relacionadas coas árbores. 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut