Skip to Content

ACTIVIDADES

Imaxe de Emilia

FESTA DA AUGA!

Este ano a agua caeu do ceo, polo que decidimos cambiar as actividades. Pero pasámolo igual de ben! O mellor foi compartir cos nosos compañeiros e compañeiras da escola de Cances. Tivemos unha instalación de xogo, sesión de cine, pintamos unhas pañoletas e fixemos diversos xogos e actividades. Para o vindeiro curso esperemos ter un día mais cálido!

 

 

Imaxe de Emilia

PROGRAMANDO 3

Outra mostra das nosas sesións de programación.

Imaxe de Emilia

COLLEITAMOS E SEMENTAMOS PARA O VINDEIRO CURSO.

Tras o roubo sufrido na nosa escola, lexos de quedarnos sen facer nada decidimos aproveitar a ocasión e sementar para o vindeiro curso. Tamén tivemos a sorte de disfrutar dos primeiros froitos da nosa horta (amorodos). 

Imaxe de Emilia

LEONARDO DA VINCI E MAIS!

O longo deste curso coñecimos a Leonardo da Vinci, e as súas aficións. O seu prototipo de "ROBOT" levounos a coñecer diferentes maquinas e como estas evolucionaron. Parámonos a clasificar os diferentes tipos de transportes e a indagar sobre algúns deles. Adicamos un tempo especial a crear un prototipo de planeador e superar algún reto. Tamén coñecimos os irmáns Wright, Amelia Earhart e María Bernaldo de Quirós.

 

Imaxe de Emilia

IOGA E MINDFULNESS

O longo de todo este curso, achegámonos a práctica da ioga, realizamos mandalas e diferentes técnicas de relaxación e conciencia corporal. O fin de todo esto, é o autocoñecemento, identificación de sensacións e sentimentos, mellorar a capacidade de atención e concentración, diminuir a ansiedade e frustración, coñecer o noso corpo e estimular os sentidos, mellorar a posición e fortalecemento corporal, capacidade respiratoria e ritmos....Prepararnos dende pequenos para a vida adulta, interiorizando hábitos saudables e sensacións de felicidade e benestar!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut