Skip to Content

Artes

Imaxe de Patri

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO E XANEIRO

No mes de Decembro celebramos os aniversarios dos nosos amiguiñ@s Egan e Mariña e nada máis empezar o novo ano, celebramos o aniverasrio de Lis. Pasámolo pipa con tres festas rachadas!!!! Parabéns a tod@s!! Sorriso

Imaxe de Patri

E TI? COMO COIDAS AOS QUE TE COIDAN?

Neste curso relacionamos o 25 N co PDI da Biblioteca "Coidámonos cos cinco sentidos" coa visibilización das/os que nos coidan todos os días. Tamén coñecemos a historia das irmáns Mirabal, tamén coñecidas como as "Bolboretas", pola súa loita fronte a violencia contra as mulleres no seu país de orixe. A súa historia deu orixe ao 25 N:  Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Para recordalas fixemos retratos simbolizando as bolboretas en Lingua de Signos

Imaxe de Patri

O AVÓ DE LIS ENSINANOS A ESFOLLAR O MILLO

O avó de Lis explicounos como era antigamente o proceso de recollida do millo. Fomos polo millo a unha leira da contorna, que nos cedeu xentilmente un veciño da zona, despois levámolo ata a escola e alí esfollamos o millo e fixemoslle un atado coa carrupa para poder colgalo. Ademais explicounos como era antigamente a escola de Artes, foi todo unha honra saber tantas cousas da escola na que entramos cada día.

 Moitas grazas ao avó de Lis por ensinarnos tantoSorriso

 

Distribuir contido


by Dr. Radut