Skip to Content

O OUTONO

Imaxe de teresa

OUTONO

Ao longo destas semanas estivemos traballando o outono. Gracias á colaboración das familias achegáronnos numerosos elementos do outono como as follas, froitos do outono,... As actividades remataron coa degustación das froitas que trouxeron as familias nun servizo buffet. Foi unha actividade final que ás nenas e nenos lles encantou. A froita estaba moi saborosa.

Moitas gracias ás familias pola vosa colaboración.

 

 

 

 

DEGUSTACIÓN DAS FROITAS DE OUTONO

 

 

 

 

 

Imaxe de MaríaLopez

Outono

O outono na Rega xa fai días que se nota que chegou, as nogueiras do noso patio non teñen follas (e noces tampouco, este ano nin unha soa nos deron para "papar")por fin temos setas e algún que outro día non poidemos sair ao patio porque venteaba. Pero non solo iso, o outono tamén chegou a nosa escola, e aquí vos amosamos como traballamos...

Imaxe de Emilia

Obradoiro de outono

Coa chegada do outono organizamos o primeiro obradoiro deste curso no que estaban convidadas todas as familias. Nesta ocasión fixemos unha mandala de outono (contamos, traballamos as simetrías, descobremos froitos diferentes e os clasificamos, identificamos as árbores de procedencia...), fixemos comedeiros para os paxaros de Xoane (falamos dos animais e o que fan no inverno), esfollamos o millo e o debullamos e por último elaboramos unha cesta na que gardar estes froitos de outono. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas!! Esperamos que para o próximo obradoiro vos animedes a vir !!!

 

                                 

 

                                 

 

                             

                             

                            

                            

                           

                           

                           

                           

                           

Imaxe de teresa

OUTONO

O venres clasificamos todos os elementos do outono que apareceron na nosa aula. Ademais de ourizos, marmelos e as súas follas, castañas e os seus ourizos, noces,... fixemos o mesmo cunha cesta enorme cargada de follas, landras e paos.

 

 

Logo observamos que algunhas landras que xa tiñan agromos dos que sairá un carballo novo. Estivemos separando as landras con abrochos das que non os tiñan. E, por suposto, despois plantamos a nosa landra para ter carballos.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut