Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de teresa

HORTO EN SÍSAMO

 

Esta semana comezámola traballando no horto.

Primeiro acondicionamos un dos bancais para plantarlle leitugas. Tivemos que virar a terra e sacar as herbas malas para poder achanzar o terreo.

Despois, coa axuda duns plantadores, enterramos as leitugas con coidado de non profundizalas demasiado; coa intención de evitar que podrecesen coa humidade e morresen.

 

 

 

Antes de recoller os utensilios de labranza, botámoslle un vistazo ao horto de aromáticas dentro do recinto escolar. Descubrimos que os tulipáns que plantamos antes das vacacións de nadal tiveran flor. Esperamos con ansia descubrir que cores agochan as outras plantas que están a brotar.

 

 

 

 

 

 

No aire, flotan, arrecendos de primavera...

 

 

 

Imaxe de teresa

O ANTROIDO EN SÍSAMO

 

O xoves celebramos na escola o Antroido.

Agradecer ás familias as achegas dos postres típicos destas datas. Estaba todo moi saboroso! Mmmmmm!!!

Despois da merenda, saímos a correr o Antroido polos arredores da escola de Sísamo. Fixemos un pequeno percorrido polas carreteras que rodean a escola, anunciando a chegada das festas á parroquia. Ese día cadaquén veu disfrazado como máis lle gustaba.

Ademais serveunos de ensaio para a festa do venres que se celebrou no mercado municipal.

Tocar os instrumentos e facer ruído foi divertido e, ao mesmo tempo, moi cansado. Descubrimos que calquera instrumento require dun esforzo e se, a isto lle engadimos ter que camiñar e tocar ao ritmo marcado, ese traballo multiplícase.

Así comezou a nosa andaina...

 

 

Imaxe de AnaFernandez

XOGOS DE ENTROIDO



Chegou o entroido e nas clases de educación física fixemos xogos e bailes de entroido.

Ademais, o mércores os nenos e nenas atoparon ao chegar unha instalación relacionado co entroido. A través desta instalación creada con diferentes materiais os nenos e nenas construen libremente o seu propio xogo, favorecendo unha aprendizaxe autónoma, creativa e moi motivante. Estiveron investigando, creando, xogando, construindo, interaccionando, experimentando, disfrazándose, bailando, rindo,...

O pasaron moi ben, non vos perdades o video!!.

Imaxe de teresa

O CICLO DA AUGA

O CICLO DA AUGA

Na xornada de hoxe, o alumnado de primaria fixo unha exposición sobre o que tiñan estudiado sobre o ciclo da auga.

Explicáronnos a importancia da auga para a vida das persoas, dos animais e das plantas, a súa escaseza na natureza, os estados nos que podemos atopar a auga e, ademais, de saber como se chamaban cada un dos procesos de transformación nos diferentes estados.

Aquí vos deixamos un pequeno resumo en imaxes do que foi ese momento.

 

 

Imaxe de AnaFernandez

EQUILIBRISTAS EN ACCIÓN



En educación física estivemos traballando o equilibrio de maneiras moi diferentes, con obxectos variados (conos, tubos de cartón, ladrillos, pelotas, saquiños...), en superficies elevadas estáticas (troncos, pedras, ladrillos, bancos, sillas, mesas...) e móviles (colchonetas, táboa e rodillo, tubos, táboa curva...), con zancos..., un sin fin de posibilidades.

Os nenos e nenas esforzáronse moitísimo, descubriron novas formas de equilibrar o seu corpo, os obxectos e as dúas cousas a vez, convertíronse en equilibristas de circo, aprenderon moito e o pasaron xenial.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut