Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de teresa

EnValorArte

Nestas semanas pasadas as nenas e nenos de Sísamo estiveron reflexionando sobre a importancia de compartir e respectarnos. Para iso, coa axuda do mestre Alberte e Alba, buscaron alternativas ante a aparición dun problema:non había suficientes papeis para pintar todas e todos. Despois de ofrecer as posibles solucións, decidíronse por cortar á metade os papeis para que puidesen participar a totalidade das nenas e nenos.

A actividade remata cunha exposición dos debuxos para recordarnos a importancia de compartir e respectar aos demais.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

TEATRO LIDO

Esta semana, as nenas e nenos das escolas de Cances e Sísamo participaron no XIX Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, dentro das actividades do FIOT e que organiza o concello de Carballo e a asociación cultural Telón e Aparte en colaboración co Grupo Voz.

"A banda do Pichorro" de Cances dramatizaron o conto "A historia da Tartaruga e o Ourizo".

"A Raíña" de Sísamo interpretaron a historia titulada "O convite".

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

VISITA AO CONCELLO DE CARBALLO

No día de onte, saímos da aula para facer unha visita a diferentes lugares de Carballo. A primeira parada foi o museo de Bergantiños.

 

 

 

 

Despois de visitar e merendar no mercado municipal, camiñamos ata o río Anllóns acompañados por un policía local.

 

 

 

 

 

 

Foi unha xornada diferente na que, ademais da aprendizaxe e o xogo,  a convivencia coas outras escolas foi o máis importante.

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

INICIAMOS DUNHA NOVA ANDAINA

BENVIDAS E BENVIDOS

Hai algo máis dunha semana que inauguramos este curso e fixémolo con moita alegría e ilusión.

Regresamos os veteranos e tivemos novas incorporacións...

Vai ser un curso cheo de ledicia e emocións...!!

 

 

Imaxe de teresa

ANIVERSARIOS 3º TRIMESTRE

Esta semana celebramos os aniversarios das nenas e nenos que cumpriron anos ao longo deste trimestre e daquelas e daqueles, que o farán no verán.

A todas e a todos, parabéns!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut