Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de teresa

HORTO ORNAMENTAL SÍSAMO. XACINTOS

O luns puxemos en auga os xacintos que mercamos hai uns días. Para levar a cabo a actividade precisamos dunhas botellas de plástico de 1'5 l cortadas á metade.

 

 

 

 

Logo, invertimos a parte superior e introducímola na parte inferior da botella, semellando un funil polo que o xacinto tocará a auga sen que quede asolagado por ela.

 

 

A continuación, introducimos os bulbos con coidado, deixando que a parte das raíces quede na parte inferior do funil e o brote na  parte superior.

 

 

Botámoslle auga e soamente queda agardar a que medren.

Estamos ansiosos por velos cambios!!

 

 

Imaxe de AnaFernandez

XOGANDO CO MONSTRO DAS CORES

 

 



 

Esta semana tivemos unha excursión a Coruña para ver a obra do monstro das cores, e nas clases de educación física aproveitamos para xogar con este monstro e traballar coas emocións.

Xogamos á pilla do monstro, bailamos con teas de cores, representamos as emocións tristura, alegría, medo, calma, amor e rabia, cantamos e nos relaxamos. O pasamos moi, moi ben!!

 
Imaxe de teresa

HORTO ECOLÓXICO ESCOLAR

Manuel Anxo regresou á escola con ánimos renovados ante a nova temporada de horto. Neste curso a intención é levar a cabo dous hortos: un de aromáticas e outro de produtos de horta. Estivemos observando e planificando o que plantar no horto de aromáticas e que traballos tiñamos que realizar previamente.

 

 

 

 

Imaxe de teresa

OUTONO

Ao longo destas semanas estivemos traballando o outono. Gracias á colaboración das familias achegáronnos numerosos elementos do outono como as follas, froitos do outono,... As actividades remataron coa degustación das froitas que trouxeron as familias nun servizo buffet. Foi unha actividade final que ás nenas e nenos lles encantou. A froita estaba moi saborosa.

Moitas gracias ás familias pola vosa colaboración.

 

 

 

 

DEGUSTACIÓN DAS FROITAS DE OUTONO

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

UNHA NOVA ÁRBORE NO PATIO... UNHA FIGUEIRA

O venres 16 de novembro plantamos unha nova árbore no patio. Trátase dunha figueira, que a trataremos con moito agarimo, para que na primavera, nos dea a súa sombra e, no outono, os seus saborosísimos froitos: os figos.

    

 

                                                                                   

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut