Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de teresa

I LECTURAS A BOCADOS... SÍSAMO

Na xornada de onte rematamos coas lecturas a bocados deste curso.

O luns foi Sara a encargada de lernos o conto "Paco Trolas".

 

   

 

  

 

O martes foi Teo quen pechou estas xornadas literarias. Contounos a historia "Os tres bandidos"

 

    

 

  

 

Para festexar o remate da actividade de lecturas a bocados deste curso, convidamos a todas as nenas e nenos a palomitas.

Estaban deliciosas!!!

 

       

 

 

Imaxe de teresa

UN PASEO POLAS TERRAS DE SONEIRA

A xornada de hoxe foi especial. Fixemos un percorrido moi fermoso pola historia.

A primeira parada foi nas Torres do Allo. Descubrimos o interior deste pazo e as actividades que se levaban a cabo nel. Logo, paseamos polas casas do curro, coñecemos a fonte do galo e os cabazos ou hórreos que se extenden nas terras de labradío do pazo. Rematamos a visita no xardín, onde un impresionante abeto de Vancouver, duns 20 m. de altura, nos acolleu entre as súas pólas. Aprendemos, ademais, que Víctor López Seoane foi un dos naturalistas máis importantes da nosa comunidade, que dedicou a súa vida ao estudo da flora e a fauna de Galicia.

 

  

 

 

 

 

 

Logo da visita ás Torres do Allo, dirixímonos aos batáns de Mosquetín, onde merendamos e vimos en funcionamento un muíño de auga.

Rematamos o día no castelo de Vimianzo, onde, unha princesa moi atenta, nos explicou como era a vida no castelo hai uns 700 anos. Vimos diferentes formas de artesanía: as palilleiras, os teares, a talla de madeira,...

Foi unha xornada moi enriquecedora, na que as ensinanzas estiveron fóra das aulas, polo que descubrimos moita da historia que se agocha nas nosas comarcas e que grazas, ás e aos guías que nos acompañaron, permitiron achegarnos á realidade e á vida dos nosos antepasados...

 

 

Imaxe de teresa

I LECTURAS A BOCADOS... SÍSAMO

A última lectura a bocados desta semana correu a cargo de Noa.

O conto titulábase "Doña Charlatana".

Para a semana teremos máis contos e bocados...

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

I LECTURAS A BOCADOS... SÍSAMO

Esta semana continuamos coas lecturas compartidas entre primaria e infantil.

Na xornada de hoxe, foi Aitor o que nos deleitou coa narración e dramatización do conto "Queres xogar comigo?"

Como nas xornadas anteriores, recibiu, como agasallo pola súa colaboración, un anaco de tarta.

   

 

  

Imaxe de teresa

I LECTURAS A BOCADOS... SÍSAMO

O venres Daniela foi a encargada da facer a lectura do conto. Nesta ocasión elixiu "La maceta vacía"; unha historia cunha fermosa mensaxe.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut