Skip to Content

Sísamo

Imaxe de teresa

AS CABAZAS FALADORAS DE SÍSAMO...

 

XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN!!

A entrada da nosa escola está fermosísima; decorada con esmero polos traballos das familias que alí acoden.

É que, ao longo desta semana, fomos recibindo na escola de Sísamo as cabazas do Samaín. Foron traballos moi inxeniosos e laboriosos e, coma sempre, a participación foi alta. Destacamos a ilusión das nenas e nenos ao ver expostos os seus traballos e, ao contarlle ás amigas e amigos, como as fixeran, quen lles axudaran, que utilizaran, cal lles gustaba máis...

O noso agradecemento ás familias pola súa colaboración na realización desta actividade.

 

 

 

 

Imaxe de teresa

NON ME PISES QUE LEVO... ZAPATILLAS

 

 

 

CURSO NOVO, EXPERIENCIA NOVA...

Así foi como lle demos a benvida á estrea deste curso, cunha primicia:

o uso das zapatillas na aula.

A finalidade é principalmente crear un clima de tranquilidade, calma e concentración no traballo diario. Asemade, cando entramos do patio, evitamos ensuciar o chan coa area e terra.

Está resultando moi satisfactorio e, case sen darnos conta, introduciuse na rutina de aula de maneira automática.

Así que este ano...

NON ME PISES QUE LEVO...

ZAPATILLAS.

BENVIDO CURSO 2018 - 2019

 

Imaxe de teresa

ANIVERSARIOS TERCEIRO TRIMESTRE

O pasado 20 de xuño celebramos, na escola de Sísamo, os aniversarios das nenas e nenos que cumpriron anos ao longo do trimestre e daquelas e daqueles que o farán no verán. Foi unha xornada moi divertida e festiva, porque ademais coincidía coa festa de fin de curso.

Aquí vos deixamos un resumo do momento da celebración.

Imaxe de teresa

HORTO SÍSAMO

Nesta xornada, as actividades do horto estiveron encamiñadas a revisar o crecemento da plantación e en protexela das posibles ameazas.

Para iso, arrincamos as malas herbas que medran dentro dos bancais, fixámonos en como medraron os raviños e os tagetes. Despois, esnaquizamos cascas de ovos arredor das leitugas e das acelgas, creando así un muro de protección para evitar que as lesmas e os caracois as coman.

Manuel deixounos tarefas para a vindeira ocasión. Rarear os raviños e continuar regando cando non chova.

 

       

 

Imaxe de teresa

OUTRO AMIGO MÁIS NO PATIO...

Desde esta semana, no noso patio acompáñanos un novo amigo: un acivro.

É unha árbore que medraba en soidade, nunha maceta, nun lugar afastado de Sísamo. Ese espazo no que vivía quedáballe pequeno e as follas douradas choraban por un amplo lugar no que crecer feliz.

E a escola de Sísamo pareceulle un lugar ideal.

Nun alto, resgardado do vento, ollando a vida do patio e da escola...

Agardamos que teña unha longa vida entre nós!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut