Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de teresa

DÍA DA MULLER

Ao longo desta semana estivemos traballando as mulleres nas nosas vidas; do diálogo saíron as máis importantes:as mamás, as avoas, as tías, as madriñas,... Noutra sesión relacionaron a figura da muller elixida da súa contorna coa emoción que lles provoca e que palabra as describe.

No día da muller, ademais, de rematar o agasallo para a muller que elixiran, fixemos un mural plasmando as emocións que lles provocan elas.

Aquí vos deixamos un detalle do que foi esta semana.

                                     

 

 

                                                     

                                                           

                                                     

Imaxe de teresa

HORTO ESCOLAR EN SÍSAMO

Esta semana retomamos as actividades do horto que as tiñamos un pouco abandonadas debido ao mal tempo. Descubrimos a importancia das miñocas para o terreo e vimos o seu humus. Tamén coñecemos cales eran as ferramentas que iamos usar para o traballo.  Estivemos acondicionando unha parte do terreo dun dos bancais. Despois, unha vez que a terra estivo lista, plantamos cebolas.

 

 

 

Imaxe de teresa

DÍA DA PAZ SÍSAMO

DÍA DA PAZ

As nenas e nenos de Sísamo pedimos que todos os días sexan de paz. Nun mar feito á medida da escola, "lanzamos" botellas de cores con mensaxes e palabras de paz.

Co desexo de que a paz non sexa unha quimera, senón unha realidade, deseñamos este mural coa esperanza de que entre todas e todos, nun futuro próximo, saibamos dar resposta aos problemas por medio do diálogo e de xeito pacífico.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

AVESPA VELUTINA

O pasado venres 26 de xaneiro acudiu á nosa aula Isidro para falarnos da avespa velutina. Foi unha charla moi interesante e amena onde descubrimos algunhas curiosidades sobre esta especie invasora: como son os seus niños, de que maneira os constrúen, como se organizan, por que atacan as abellas, que poden facer os apicultores para protexer as súas colmeas, que trampas caseiras podemos facer para loitar contra elas,...

Nestas imaxes podedes ver un resumo do que foi aquela xornada.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut