Skip to Content

HORTO ESCOLAR EN SÍSAMO

Imaxe de teresa

Esta semana retomamos as actividades do horto que as tiñamos un pouco abandonadas debido ao mal tempo. Descubrimos a importancia das miñocas para o terreo e vimos o seu humus. Tamén coñecemos cales eran as ferramentas que iamos usar para o traballo.  Estivemos acondicionando unha parte do terreo dun dos bancais. Despois, unha vez que a terra estivo lista, plantamos cebolas.

 

 

 



blog | by Dr. Radut