Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Sísamo

Imaxe de teresa

ACTIVIDADES DO HORTO EN SÍSAMO

Hai tempo que non informamos sobre o estado do horto.

A última vez que estivo con nós Manuel Anxo, tróuxonos á escola un vermicomposteiro. Nel, as miñocas descompoñen os restos orgánicos que lles botamos, converténdoos en humus de miñoca e nun líquido rico en nutrintes.

O humus vaise acumulando na parte inferior do composteiro que utilizaremos, cando sexa preciso, como fertilizante.

Ademais, axudounos a plantar a maceira que engalana, desde hai uns días, o noso patio. 

 

 


 

Esta semana, aproveitando o bo tempo, fixemos unha nova xornada de horto. Despois de preparar e limpar os bancais, plantamos leitugas, acelgas e remolacha.

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

ANIVERSARIOS SEGUNDO TRIMESTRE SÍSAMO

No mes pasado celebramos na escola de Sísamo os aniversarios daquelas nenas e nenos que cumpriron anos ao longo do segundo trimestre. Este é o resumo  do que foi aquela xornada.

 

Imaxe de teresa

UNHA NOVA ÁRBORE EN SÍSAMO

Esta semana, unha nova "amiga" entrou a formar parte das nosas vidas. Trátase dunha maceira que, como no conto "A ÁRBORE XENEROSA", agasallaranos con moitas satisfaccións. Vainos agradar coa súa sombra, cos seus froitos, como lugar de acubillo para os paxaros, para observar os seus cambios estacionais,... Ofrécenos a súa vida a cambio duns mínimos coidados e un bo trato.

BENVIDA Á NOSA ESCOLA!!!

Imaxe de AnaFernandez

SÍSAMO XOGA CON XORNAIS

 
En Sísamo celebramos a semana da prensa facendo xogos con xornais nas clases de educación física.
 
Como podedes ver no video, fixemos moitos xogos divertidos e o pasamos xenial.
Imaxe de teresa

HORTO EN SÍSAMO

Este xoves regresamos ao  traballo  no horto desafiando a climatoloxía e aproveitando unha escampada da chuvia. Despois de preparar e acondicionar a terra, plantamos patacas. Por parellas, enterrramos unha planta de pataca. Agora toca ter paciencia e agardar a que brote a colleita.        

Generador de Códigos QR Codes

             

                      

Distribuir contido


by Dr. Radut