Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

UN PASEO POLAS TERRAS DE SONEIRA

Imaxe de teresa

A xornada de hoxe foi especial. Fixemos un percorrido moi fermoso pola historia.

A primeira parada foi nas Torres do Allo. Descubrimos o interior deste pazo e as actividades que se levaban a cabo nel. Logo, paseamos polas casas do curro, coñecemos a fonte do galo e os cabazos ou hórreos que se extenden nas terras de labradío do pazo. Rematamos a visita no xardín, onde un impresionante abeto de Vancouver, duns 20 m. de altura, nos acolleu entre as súas pólas. Aprendemos, ademais, que Víctor López Seoane foi un dos naturalistas máis importantes da nosa comunidade, que dedicou a súa vida ao estudo da flora e a fauna de Galicia.

 

  

 

 

 

 

 

Logo da visita ás Torres do Allo, dirixímonos aos batáns de Mosquetín, onde merendamos e vimos en funcionamento un muíño de auga.

Rematamos o día no castelo de Vimianzo, onde, unha princesa moi atenta, nos explicou como era a vida no castelo hai uns 700 anos. Vimos diferentes formas de artesanía: as palilleiras, os teares, a talla de madeira,...

Foi unha xornada moi enriquecedora, na que as ensinanzas estiveron fóra das aulas, polo que descubrimos moita da historia que se agocha nas nosas comarcas e que grazas, ás e aos guías que nos acompañaron, permitiron achegarnos á realidade e á vida dos nosos antepasados...

 

 



blog | by Dr. Radut