PROGRAMA EDUCACIÓN RESPOSABLE
No curso escolar 2021 fomos seleccionados para participar no Programa Educación Responsable, un programa pioneiro e innovador, creado e impulsado pola Fundación Botín, que promove o desenvolvemento emocional, social e creativo de nenos e mozos de entre 3 e 16 anos, potenciando o seu talento e creatividade para axudarlles a ser autónomos, competentes, solidarios e felices.
A través dunha serie de recursos educativos baseados en diferentes disciplinas creativas, como a literatura , a música ou as artes plásticas e visuais, desenvólvense situacións de aprendizaxe variadas, para traballar nas distintas áreas curriculares.