PUBLICADAS NOVAS INSTRUCIÒNS PARA A XESTIÓN DA COVID-19 NOS CENTROS EDUCATIVOS
As consellerías de Sanidade e a de Educación veñen de publicar este mércores ás instrucións conxuntas ao respecto da recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023.
Estas resúmense fundamentalmente na volta á normalidade previa á pandemia e non haberá un protocolo específico de adaptación ao contexto da Covid-19 no ámbito educativo. Non obstante, será preciso observar unha serie de recomendacións:
- Ventilación de espazos.
- Hixiene de mans e hixiene respiratoria ao tusir ou esbirrar.
- Uso de máscara obrigatoria no transporte escolar.
- Máscara recomendable para persoas con síntomas compatibles co covid oi vulnerables.
Ver as instrucións completas