Skip to Content

ALUMNO DO CPI DE VEDRA FINALISTA DA OLIMPIADA MATEMÁTICA DA ESO.

O pasado 29 de abril os alumnos de 2º ESO ALEX CABO LODEIRO E HUGO DOMÍNGUEZ CONDE participaron na fase de zona da Olimpíada Matemática de 2º ESO  que se celebrou en Santiago.

A proba consistiu na resolución individual de cinco problemas, os mesmos en todas as zonas. Na valoración dos problemas primou o método de resolución empregado, a súa orixinalidade, etc, por enriba da mera solución.

No día de hoxe, 10 de maio, saíron publicados os finalistas de cada zona, figurando na de Santiago como finalista ALEX  CABO LODEIRO, que participará na fase final galega o día 20 de maio na cidade de Lugo.

Noraboa aos dous por participar e ánimo a Alex para esta nova fase.



story | by Dr. Radut