Skip to Content

Vedra medra. TRABALLO E XÉNERO NO RURAL VEDRÉS II

Vedra medra. TRABALLO E XÉNERO NO RURAL VEDRÉS II

O pasado 13 de febreiro, entrevistamos a Isaura e a Digna Fariñas Varela, dúas irmás de Reboredo (Boqueixón) que emigraron a Bos Aires nos anos cincuenta do pasado século. 

Estes días estiveron de visita en Galicia e aproveitamos para coñecelas e achegarnos ao relato da súa historia familiar e laboral de máis de sesenta anos en Arxentina onde residen na actualidade.

A nosa gratitude para as irmás Fariñas por compartir connosco toda unha tarde de vivencias en Compostela.

Xulia Marqués, coordinadora de Vedra medra



story | by Dr. Radut