ALUMNADO DE 6º PREMIADO NO CONCURSO #ApuntasTech?
Un grupo de alumn@s de 6º de Primaria deste CPI acadou o 1º Premio no concurso #ApuntasTech? convocado pola Secretaría Xeral de Igualdade, o centro de Supercomputación de Galicia e o Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia. O obxectivo principal do concurso é xenerar un catálogo de propostas concretas que axuden a despertar entusiasmo pola tecnoloxía e alenten as vocacións tecnolóxicas temperás, principalmente entre as nenas entre 10 e 15 anos. E tamén promociuonar o bo uso das tencoloxías da información e comunicación.
Por outro lado a súa profesora Yolanda Neira acadou tamén un accesit no mesmo concurso nos premios a nivel de centros educativos.
Os premios foron entregados o día 25 de abril con motivo da celebración do Día das Rapazas nas TIC, e o alumnado coñeceu o fallo mediante a participación nun debate en streaming co CESGA.
Noraboa aos premiados.