Skip to Content

O alumnado de 2º da ESO vai ao teatro

O pasado venres, os rapaces e as rapazas de segundo curso foron ver ao Salón Teatro de Santiago a peza Elisa e Marcela. Esta saída enmarcáse dentro da programación da materia de Igualdade de Xénero que cursan en 2º da ESO. 

As cómicas da Panadaría danlle vida a Elisa e Marcela, dúas mulleres que casan na igrexa de San Xurxo na Coruña no ano 1901. Unha delas ten que ir vestida de home. A súa é unha historia de amor a contratempo con persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas.

Elisa e Marcela quere ser unha reconstrución irreverente dun suceso real. E agora preséntase a xeito de comedia musical onde o verídico parece invento… 

Elisa e Marcela, UNHA HISTORIA QUE PARECE CONTO.



story | by Dr. Radut