CIBERMANAGERS POLA IGUALDADE. 3º ESO - 6º PRIMARIA
A última semana de febreiro o alumnado de 3º de ESO e o de 6º de Primaria participaron no Programa "CIBERMANAGERS POLA IGUALDADE". Este programa promovido pola Secretaria Xeral de Igualdade e coordinado polo Departamento de Orientación do CPI, contou coa intervención dunha especialista da Asociación Pantallas Amigas que impartiu os cursos.
O proxecto baseado na aprendizaxe servizo solidario a través do cal, o alumnado maior do centro é capacitado para converterse en referente dos seus compañeiros e compañeiras máis xóvenes no uso seguro e saudable das novas tecnoloxías, mentras adquiren competencias curriculares e potencian as suas habilidades para a vida diaria.
Houbo unha xornada inicial de formación conxunta para todo o alumnado de 3º ESO. Na segunda e treceira xornadas voluntarios de 3º de ESO profundizaban para converterse en "cibermanagers da igualdade", e asi facer unha ultima xornada para o alumnado de 6º de Primaria.
Ademais houbo unha xornada informativa cos pais e nais do alumando de 6º de Primaria.