VIAXE FIN DE ESTUDOS A PARÍS - 4º DE ESO
Os alumnos e alumnas de 4° da ESO do CPI Plurilingüe de Vedra acaban de realizar unha viaxe fin de estudos a París entre os días 1 e 5 de maio, onde coñeceron os principais monumentos da cidade francesa, como a Torre Eiffel, a Catedral de Notre Dame, os Museos de Louvre e d'Orsay, o barrio de Montmartre e tamén visitaron o Palacio de Versalles e Eurodisney.
Viaxaron un total 26 alumnos/as acompañados polos seus profesores do Departamento de Xeografía e Historia.