Skip to Content

EX ALUMNA PREMIO EXTRAORDINARIO BACHARELATO

A ex-alumna do CPI de VEDRA, ROSA Mª VEIGA OTERO, ven de acadar un dos premios extraordinarios de Bacharelato que acaba de conceder a Consellería de Educación. O premio está dotado con mil euros e saíu publicado no DOG do venres 17 de outubro.

Compre salientar que esta mesma alumna disfrutou dunha beca da Fundación Barrié de La Maza - Amancio Ortega coa que estudou 1º de Bacharelato nun centro de Estados Unidos onde xa destacou polos seus resultados académicos. Cursou segundo curso de Bacharelato no IES de Pontepedriña.

O CPI de VEDRA quere felicitar a ROSA e congratúlase destes resultados, que veñan a demostrar a sólida formación iniciada no noso centro que sentou as bases destes éxitos.



story | by Dr. Radut