IMPLANTACIÓN DO ABALAR MÓBIL EN EDUCACIÓN SECUNDARIA
Iniciamos este curso 2014/15 a implantación da aplicación ABALAR MÓBIL, que pretende servir de canle para que as familias consulten a información dos seus fillos/as a través do móbil.
Neste primeiro momento implántase en ESO, polo que recomendamos aos pais que se sumen a este proxecto subcribíndose co seu móbil.