Equipo de dinamización lingüística

RECURSOS SOBRE RICARDO CARVALHO CALERO

Aquí tendes algúns recursos sobre o autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas 2020.

EDLG.

Día Internacional do libro Infantil e Xuvenil

Do día!

O Equipo de EDLG do CPI de Cova Terreña quere desexarvos un feliz " Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil" compartindo con vós un agarimoso agasallo que nos fixo chegar o poeta Antonio García Teijeiro en forma de vídeo.

Este recoñecido poeta, que participou nas nosas II Xornadas Poéticas , gañou ( entre outros...) o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2017 cun libro escrito en galego, o poemario " Poemar o mar", ilustrado por Xan López Domínguez e publicado pola Editorial Xerais en 2016.

No fermoso vídeo que nos envía, o autor le un deses poemas onde o mar é o gran protagonista. É un luxo poder escoitalo. Grazas Antonio!

A poesía é unha boa compañeira nestes momentos que nos toca vivir.

Clicade no enlace.

https://drive.google.com/open?id=1eo9f8y96HPxl_mzpvOFmcWlG8gT6HBUa

Coidádevos moito.

Equipo de EDLG

 

 

CONCURSO DE POEMAS NO VAL MIÑOR

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Escolas Proval e Terra de Turonio organizan un concurso de poemas dirixido aos rapaces e rapazas dos centros educativos do Val Miñor. Pídennos a nosa colaboración para que animemos o  alumnado a participar. A través deste certame queren conectar os centros de primaria e secundaria fomentando a continuidade nas actividades de normalización da nosa lingua e cultura. Propoñen pequenos textos, que faciliten aproximarse á creación poética seguindo formas coas que está familiarizado o noso alumnado e que permiten seguir diversos modelos, desde as coplas populares aos haikus orientais.

No arquivo adxunto tendes as bases para a vosa información

Moitas grazas pola vosa participación.

Saúde e ánimo!

O equipo de EDLG

Exposición do Graffiti

O pasado 5 de febreiro o alumnado de 2º da ESO gozou dunha exposición sobre a arte urbana do Graffiti, organizada por Gonzalo garcía no salón de actos, onde vimos como a arte máis rompedora e vangardista tamén se expresa na nosa lingua. Porque o futuro será o que nós queiramos, ou? Moito nos prestou!

 

 

Bai de teatro!

Velaquí estamos, a xente teatreira do Cova Terreña con toda a ilusión do mundo para montar "O achado do castro" de Núñez Singala, esta primavera das letras. Nin as obras, nin as pingueiras, nin a imposibilidade de utilizarmos o salón de actos poden coas nosas ganas de vivir todas vidas que o teatro nos proporciona. Así que, alá imos. Teredes noticias nosas, prometido!!

 

REFRANEIRO

Xa temos os primeiros refráns relacionados co proxecto " Somos Auga "!

 

 

Están colocados nas escaleiras do Edificio Anexo do colexio de Fontes- Baíña.

Paseniño paseniño seguirá medrando este recuncho, cheo xa de anacos da nosa cultura popular.

 

               Noraboa ao alumnado de primaria por esta fermosa actividade! 

 

RECURSOS EDUCATIVOS

Para acceder aos recursos hai que premer na imaxe

CELEBRACIÓN. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

             
             
     

 

ANTÓN FRAGUAS 

 

     
             
             
     

   

     
     

O día 21 de Maio no CPI Cova Terreña celebramos o Día das Letras Galegas, este ano 2019, adicado a Antón Fraguas Fraguas, entre outras actividades, reunímonos no patio do centro para facer lectura da biografía do autor, regueifas e coplas escritas polo alumnado da ESO, exposición de dous Maios feitos polos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria, entrega dos premios do Concurso Fotográfico do Proxecto “Somos Auga”, interpretación de cancións e do Himno Galego polo Coro e Conxunto Instrumental do centro e tamén desfrutamos da actuación do Grupo de gaitas e pandeiretas  Ardelume do Centro Cultural de Baíña.

 

     
     

 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega ( EDLG) déixavos a continuación unhas imaxes desta  destacada actividade

     
     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   
     

 

     
     

  

     
             
             

LETRAS GALEGAS 2019

             
             
     

 

ANTÓN FRAGUAS 

 

     
             
             
     

   

     
             
     

 RECURSOS EDUCATIVOS

Prema nas imaxes para ver a información

     
     

 

 

 

 

     
     

 

 

 

 

     
     

 

 

 

 

 

 

 

     
             
             

 

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

 

 

              

               

 
 

24 DE FEBREIRO 

 
 

 

 

 
  RECORDANDO A ROSALÍA
 
 

                                                       

 CLIC

 
 

RECURSOS EDUCATIVOS PARA RECORDAR A ROSALÍA 

 

 
     
 

 

 

 

 
 

 

SAMAÍN

 

               
       

 

S A M A Í N  2018

 

       
       

  SAMAÍN chegou, e polo cole apareceron: bruxas, demos, monstruos, vampiros e vampiras, momias e todo tipo de seres terroríficos. 

Aquí van unhas imaxes das actividades propostas dende  o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

     
       

C T I V I D A D E S

    I N T E R A C T I V A S

       
       

 

PREMA NAS IMAXES

 

       
       

     

 

    

 

 

 

 

 

Unidade didáctica para Infantil e 1º ciclo Primaria

Unidade didáctica "Historia do Samaín"

 

 MÁIS ACTIVIDADES NO BLOGUE

http://lapicerosdecolores1.blogspot.com/

 

 

 

       

CARTEL E LEMA

Por segundo ano consecutivo a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Val Miñor organizou o 2º concurso "CARTEL E LEMA" no que participou o noso alumnado de 6º de Infantil e 2º de Primaria. Os traballos seleccionados nos centros estiveron expostos no CC Ramallosa dende o 12 ao 19 de maio.

CARTEL E LEMA

ACTO DE ENTREGA DE AGASALLOS

O pasado venres 27 de maio tivo lugar no Auditorio Lois Tobío de Gondomar o acto de entrega de agasallos aos traballos seleccionados no I CONCURSO DE CARTEL E LEMA organizado pola Coordinadora de Normalización Lingüística do Val Miñor. Do noso centro participaron os alumnos e alumnas do 2º ciclo de Primaria, sendo seleccionado o traballo colectivo realizado polo alumnado de 4º B.


NORABOA, e grazas por participar!!



Recolleron o agasallo en representación do alumnado de 4º B: Cristina, Laura, Carla e Nerea.


No acto contouse coas actuacións de Anxo Moure e o Grupo de Música do IES Auga da Laxe



 


CARTEL E LEMA

Durante os días 16 ao 27 de maio tivo lugar a exposición do I CONCURSO CARTEL E LEMA , organizado pola coordinadora de normalización lingüística do Val Miñor , de educación infantil e primaria, na que participou o alumnado de 2º ciclo de primaria do noso centro. Os traballos seleccionados estan expostos no centro comercial da Ramallosa.


Estes foron os traballos seleccionados no noso centro:


 "O NOSO CORAZÓN LATEXA EN GALEGO. ÁBRELLE A PORTA!", realizado por Mauro, Eva, Valeria, Manuel A. e Rodrigo de 4º A.



"UNHAS RAÍCES FORTES AXUDAN A MEDRAR", realizado por Javier Español de 4º B



 


"PARA MEDRAR..... AMOR HAILLE QUE DAR!", realizado por todo o alumnado de 4ºB


 


 FOTOS DOS TRABALLOS REALIZADOS QUE QUEDARON NO CENTRO:



 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930