|
|
|
O día 21 de Maio no CPI Cova Terreña celebramos o Día das Letras Galegas, este ano 2019, adicado a Antón Fraguas Fraguas, entre outras actividades, reunímonos no patio do centro para facer lectura da biografía do autor, regueifas e coplas escritas polo alumnado da ESO, exposición de dous Maios feitos polos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria, entrega dos premios do Concurso Fotográfico do Proxecto “Somos Auga”, interpretación de cancións e do Himno Galego polo Coro e Conxunto Instrumental do centro e tamén desfrutamos da actuación do Grupo de gaitas e pandeiretas Ardelume do Centro Cultural de Baíña.
|
|
|
|