CONCURSO DE POEMAS NO VAL MIÑOR
Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Escolas Proval e Terra de Turonio organizan un concurso de poemas dirixido aos rapaces e rapazas dos centros educativos do Val Miñor. Pídennos a nosa colaboración para que animemos o alumnado a participar. A través deste certame queren conectar os centros de primaria e secundaria fomentando a continuidade nas actividades de normalización da nosa lingua e cultura. Propoñen pequenos textos, que faciliten aproximarse á creación poética seguindo formas coas que está familiarizado o noso alumnado e que permiten seguir diversos modelos, desde as coplas populares aos haikus orientais.
No arquivo adxunto tendes as bases para a vosa información
Moitas grazas pola vosa participación.
Saúde e ánimo!
O equipo de EDLG
Adxunto | Tamaño |
---|---|
BASES PUBLICAR.pdf | 120.07 KB |