20 DE NOVEMBRO. DÍA DO PIXAMA

Como cada ano, ASEAF (Asociación Estatal de acollemento familiar) e ACOUGO (Asociación Galega de familias de Acollida) convidan a participar nesta iniciativa a toda a comunidade educativa. Para conmemorar o día dos dereitos da Infancia e Adolescencia, propoñen que vaiamos en pixama ao cole!!! É para representar o momento da intimidade familiar, a hora de ir a durmir, nun fogar calquera.  Con esta iniciativa preténdese poñer o foco de atención na importancia do Acollemento Familiar para garantir o dereito de vivir en familia dos nenos, nenas e adolescentes... que os que viven en centros non o teñen cumprido.

Así que o mércores 20 de novembro...todos en pixama ao cole!!!

 

CANDIDATURAS DO SECTOR NAIS/PAIS/TITORES DO CONSELLO ESCOLAR

Comunicación das candidaturas ao sector de nais/pais/titores para a votación que terá lugar o vindeiro xoves 21 de novembro de 15:45 a 18:45h na biblioteca do Edificio de Secundaria do CPI Antonio Orza Couto.

CIRCULAR INFORMATIVA

PARTIDO AMISTOSO INTERNACIONAL FÚTBOL GAÉLICO

Tagged:  

O pasado mércores 30 de outubro, vivimos unha xornada de intercambio cultural e deportiva que nos fai especial ilusión compartir con todos vos.

Como sabedes dende a nosa ANPA tentamos ofertar actividades extraescolares que fomenten un estilo de vida saudable e que sexan enriquecedoras para os nosos cativos.

Durante a semana pasada tivemos de intercambio na nosa contorna a un equipo Irlandés  de futbol gaélico feminino, o Erin Go Bragh.Un grupo de 19 rapazas de entre 13 e 15 anos coas que pasamos unha xornada do máis divertida.

Desputamos dous partidos (un entre o Gaélico O Forte e o Erin Go Bragh e outro entre dous equipos formados por unha mestura de xogadores de ambolos dous equipos), nos que o de menos foron os resultados.

Despois dos partidos desfrutamos dun terceiro tempo no que xantamos, probamos castañas, intercambiamos agasallos e mesmo, fixemos unha foliada improvisada.

Grazas ao programa Gaélico escolas e a  Global Games por facelo posible e por suposto ao Concello de Boqueixón e ao CPI Antonio Orza Couto por deixarnos as instalacións.

Continuamos sumando experiencias.

A directiva da ANPA O Forte

SAMAGOSTO 2024

O pasado mércores vivimos o noso tradicional SAMAGOSTO, unha xornada festiva na que mesturamos o Magosto co Samaín.

Degustamos unhas riquísimas castañas preparadas por Barrio e Luis. Fixemos xogos, bailamos,  e todo isto caracterizados cos nosos disfraces máis terroríficos.

Durante a semana previa estivemos acondicionando a entrada dos edificios de primaria e secundaria cos vosos gatos de Samaín. Grazas familias pola vosa implicación.  Cada vez  poñédesllo máis complicado ao xurado. Pronto coñeceredes os gañadores.

Premede no seguinte enlace para ver unha pequena mostra do que deu de si o día.

https://drive.google.com/drive/folders/1MqmRDGHGA0Hph8-kNIXRiPo8UvpAX9iA?usp=sharing

 

CALENDARIO DE ACTUACIÓNS. ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

CALENDARIO DE ACTUACIÓNS

  • Día 30 de outubro

- Publicacion provisional dos censos dos distintos sectores

  • Día 4 de novembro

- Comezo do período de presentación de candidaturas dos distintos sectores ( 7 días hábiles)

  • Día 14 de novembro

- Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais.

  • Día 18 de novembro

- Celebración das votacións de profesorado: mañá de 11:30h a 12:00h

                                                                tarde de 16:00h a 16:45h

- Celebración das votacións PAS (Persoal de Administración e servizos) mañá de 10:30h -11:00h

  • Día 20 de novembro

- Celebración das votacións de alumnado: mañá de 11:30h a 12:00h

  • Día 21 de novembro

- Celebración das votacións de proxenitores/titores/acolledoresde alumnado: 15:45h - 18:45h

O GRANDE BEETHOVEN. AUDITORIO DE GALICIA

RFG·O GRANDE BEETHOVEN | Compostela Cultura

Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de Educación Primaria, acudiron no día de hoxe, xoves 24 de outubro, ao Auditorio de Galicia a escoitar o conto musical " O Grande Beethoven".

A Obra conta a historia do xenial compositor  Ludwing Van Beethoven, un auténtico inconformista da historia da música orixinario da cidade alemá de Bönn.

Amósanos tamén como funCiona o instrumento que hoxe coñecemos como orquestra sinfónica.

Agardamos que gozásedes do espectáculo.

ELECCIÓNS A CONSELLO ESCOLAR 2024

Con motivo das eleccións para renovación de representantes no Consello Escolar dos distintos sectores da comunidade educativa que terá lugar no mes próximo, anúnciase que o vindeiro VENRES día 18 de outubro, ás 11:30 horas, terá lugar o sorteo público para designar os membros da Xunta Electoral que supervisará o desenvolvemento do proceso.

Premede no adxunto para ver o anuncio completo

CONCURSO DE SAMAÍN.

     

Ei, familias... temos algunhas novas que

contarvos

Este  curso, a actividade de Samaín vai ser un pouco 

diferente á doutros anos, non vaia ser que nos 

acomodemos con isto de tanta cabaza e vasoira.

Así que, agudizade o voso inxenio para elaborar......

un marabilloso GATO DE SAMAÍN

Sí, sí.. líchedes ben.

O premio será individual ao gato máis orixinal de entre os participantes. Haberá un premio por clase.

Animádevos a participar!!

VISITA A SOGAMA

Este 7 de outubro o alumnado de 3º e de  4º da ESO  realizou unha visita organizada pola materia de Proxecto Competencial e polo departamento de Xeografía e historia ás instalacións de SOGAMA en Cerceda. 

O equipo de educadores ambientais deunos unha interesante charla sobre residuos e sobre o traballo que se fai en SOGAMA - Sociedade Galega do Medio Ambiente. 

Tamén puideron visualizar un vídeo inmersivo das instalacións 360º a través de lentes de realidade virtual, ademais de demostrar as súas habilidades separando lixo cun xogo de arcade.

 

Esperamos que o difrutasen!!



PROCEDEMENTO DE PAGO DOS RECIBOS DE COMEDOR

Estimadas familias:

No día de hoxe, aquelas familias que pagan o comedor escolar, xa terán dispoñible o recibo correspondente ao mes de setembro no espazo abalar. Para acceder ao espazo abalar deberán dispoñer de certificado dixital ou chave 365.

Como sabedes o pago do recibo do comedor escolar pódese facer presencialmente nas oficinas bancarias, telemáticamente a través da web de facenda e tamén telemáticamente a través do espazo abalar (non da aplicación Abalarmóbil) en ámbolos dous casos permite tanto o pago a través de tarxeta bancaria como por bizum

Para a xestión administrativa do centro é preferible o pago a través deste último medio (espazo Abalar) porque deste xeito recibimos automáticamente o xustificante de pagamento e as familias non  teñen que envialo. Do mesmo xeito,  tampouco enviaríamos nos o recibo a través do alumnado co conseguinte aforro de recursos que iso supón.

Adxuntamos un documento cos pasos a seguir.

NON se enviará o recibo en papel, as familias que o desexen deberán solicitalo ao centro a través do correo electrónico do comedor:

comedor@cpiorzacouto.com

Agradecemos de antemán a súa colaboración

O equipo directivo

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA USADA

Prezadas familias:

Na primeira semana de outubro vai ter lugar unha campaña de recollida de roupa e calzado usados na nosa provincia levada a cabo pola empresa Mariola Solidaria que colabora con Global Humanitaria nos seus proxectos na India.

Como en anos anteriores o noso centro quere aportar o seu grao de area pedindo a colaboración desinteresada das familias.

Os rapaces e rapazas levarán a casa unhas bolsas para que, de xeito voluntario, as enchades de roupa e calzado usados en bo estado e as entreguedes ao conserxe.

A recollida realizarana o 2 de outubro polo que as bolsas deberán ser depositadas no centro antes do día 1 de outubro.

Grazas pola vosa colaboración

MERENDAS SAUDABLES

Suxerencias de merendas para alumnado do centro, en especial para o alumnado de Infantil e Primaria.

LIBRO DA MATERIA DE FÍSICA E QUÍMICA 2º ESO. CURSO 2024/25

MATERIA     TÍTULO AUTOR EDITORIAL EDICIÓN ISBN LINGUA
FÍSICA E QUÍMICA  FÍSICA Y QUÍMICA 2 ESO J. Barrio Gómez; Eva López Pérez OXFORD 2023 978-0190-539863 CASTELÁN

REUNIÓNS COMEZO DE CURSO

O mércores 18 de setembro terán lugar as reunións de comezo de curso cos titores.

Haberá unha breve presentación conxunta para cada etapa dirixida polo director do centro e logo, os proxenitores/acolledores acudirán á aula co seu titor correspondente onde tratarán as cuestións relativas ao seu grupo clase.

  • Educación primaria: Mércores 18 de setembro, ás 17:00h no salón de actos. (de 2º a 6º de EP)
  • Educación secundaria: Mércores 18 de setembro ás 18:00 no salón de actos.

O equipo directivo.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013